Tablón comunitario

Engade o teu anuncio 
ao tablón comunitario

0%

Anuncio suxeito a moderación. Os teus datos persoais non serán visibles públicamente.

Filtrar por:

Véndese casiña cun cuarto, baño completo e cociña comedor. Na planta superior hai actualmente un garaxe e na de abaixo hai un almacén. A casiña está situada ao lado do río nunha contorna moi tranquila. Ideal para vivenda vacacional.

Véndese casa en Vilanova do Pedregal (Cervantes -LUGO-). A casa de 2 plantas ten 6 cuartos amoblados, 2 baños, cociña, 2 salas de estar, despensa, calefacción de gasoil e varias leiras. Prezo 90.000 € Prezo negociable se se exclúen as leiras.

Véndese casa de 2 plantas de 178 m² A casa precisa de reforma aínda que a estrutura de cuberta e forxado atópase ben. Alén da casa, no pack inclúese a propia leira da casa de 400 m² máis unha leira anexa de 3.000 m²

Véndese casa de 2 plantas de 88 m², con estrutura de madeira, cuberta e forxados novos. Está diáfana para poder facer a distribución ao teu gusto. A casa está nunha leira de 200 m² e en fronte ten outra leira de 786 m². 50.000 €

Véndese casa con leiras en Cela (Cervantes). A casa, de 147 #m² conta con calefacción de gasoil, dobre traída de augas propia de barrena e veciñal. Dispón das seguintes leiras: 27012A079002130000MW, 27012A0780002870000MR, 27012A078003350000MB e 27012A078003240000MJ 48.000 €

En pleno corazón de la Reserva de la Biosfera de los Ancares Lucenses. Se alquila casa de piedra de dos plantas ideal para una pareja. Totalmente equipada y con posibilidad de hacer uso de parcelas cercanas para tener ovejas. Alquiler para larga temporada por 200 €/mes.

🏡 Casa con fincas en venda en Vilachá (Becerreá, Lugo) 40.000 € Ponse á venda unha casa tradicional situada na parroquia de Vilachá, no Concello de Becerreá, un entorno rural tranquilo, ben comunicado e rodeado de natureza. 🌿 Descrición do inmoble Vivenda tradicional para rehabilitar ou reformar segundo necesidades. Estrutura e distribución propias da arquitectura […]

Na aldea de Cabanas antigas. Casa de dúas plantas con 96 m2 cada unha. Parte dela dedicada como almacén. Actualmente consta de 3 habitacións, baño completo e cociña comedor. A casa está dentro dunha parcela de 1.111 m2.70.000 €

Véndese casa de dúas plantas en Ou Fabal. A casa consta de dúas plantas, na planta baixa hai baño, unha habitación, despensa e almacén e na planta superior hai dúas habitacións, cociña, comedor e baño. A casa conta cunha pequena horta anexa e leiras que poderían incluírse na venda. O prezo é de 75.000 €

Venda de casa para reformar. Situada en San Román de Cervantes, 109 m2 de planta. Actualmente a casa ten tres alturas pero habería que reforzar o forxado. Polo demais, a estrutura de madeira e as paredes de pedra están ben. Posibilidade de comprar conxuntamente unha parcela lindeira de 286 m2

Alúgase hórreo en Pereira para fins de semana e períodos vacacionais. Está illado e dispón de tres camas grandes e baño. 30 €/día

Véndese casa con terreo en Vilachá, Concello de Becerreá. Trátase dunha casa de pedra de 300 m2 de (160 m2 cada planta) + un almacén de 170 m2 con forno, cuadras, pozo… A casa está nunha parcela chaira de 8.000 m2. Estrutura de madeira e cuberta de lousa nova. Por dentro pode facerse a distribución […]